NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

NOVO CENTRO DE INTERESE NA BIBLIOTECA DO MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO: «INSIGNIAS DE PEREGRINACIÓN»

Martes, 4 de Xullo de 2023

A biblioteca estrea un novo centro de interese centrado nas insignias de peregrinación.

Sabías que na Idade Media existiron unhas pequenas insignias de peregrinación (están documentadas desde o século XII), normalmente feitas de metal, que o peregrino colocaba a miúdo no seu chapeu ou outra prenda e que adoitaban representar o santo cos seus atributos, o seu martirio ou outros símbolos relixiosos?

Moitas eran recordos adquiridos polos peregrinos tras visitar un santuario, sinal da meta alcanzada, e certificado do camiño realizado, e en cada un deles tiñan as súas características distintivas. Outras eran salvocondutos durante a viaxe, considerábanse milagrosas e protexían o viaxeiro no seu camiño. 

Algunhas delas chegaron a converterse en auténticos souvenirs da época. 

Habitualmente vendíanse no exterior dos templos e eran unha fonte de ingresos para a Igrexa. En Santiago a súa venda estaba regulada pola Igrexa compostelá. Entre os símbolos máis significativos estaban a cuncha de vieira, os bordonciños e as buguinas. 

Entre estas insignias tamén había algunhas que non tiñan un carácter relixioso, como as que entregaban os príncipes aos membros da súa casa e que estes levaban como sinal de lealdade.

Se che interesa este tema, ven á nosa biblioteca. Temos un novo centro de interese dedicado a esta materia.. Estamos na rúa San Miguel (Casa Gótica) en horario de mañá, de luns a venres de 9.00 a 14.00 h.

Bibliografía en biblioteca.