De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
A Biblioteca do Museo das Peregrinacións presenta un novo centro de interese, sobre os hospitais no Camiño, con bibliografía vinculada a este tema.
Os hospitais (do lat. hospes, forasteiro) da Idade Media eran lugares que cumprían as funcións de recuperación e acollida para os peregrinos, descanso para os necesitados e mendigos e alivio e auxilio para os enfermos. Fudáronos e mantéronos reis, nombres, bispos, ordes militares e relixiosas, incluso gremios de artesáns. Estaban ao fronte os hospitaleiros e, no caso dos peregrinos, ofrecíanlles cobixo e sustento (almorzo, comida e cea).
Ao concepto actual de hospital achégase máis o infirmarium medieval, enfermería anexa aos mosteiros como espazo adicado nun inicio ao coidado dos monxes de maior idade, o que derivaría, por razóns obvias, nunha especialización dos monxes no exercicio médico na Idade Media.
Xa o Libro V do Códice Calixtino dedica un dos seus capítulos iniciais aos tres grandes hospitais que o Señor estableceu no mundo para sostemento dos seus pobres: o hospital de Xerusalén, o hospital de Mont-Joux e o hospital de Santa Cristina, no Somport. Estes eran lugares santos de acollida.

Os hospitais medievais foron institucións claves no desenvolvemento da peregrinación a Santiago como expresión da hospitalidade e a misericordia cristiá (dar de comer ao famento, de beber ao sedento e dar pousada ao peregrino). Había grandes centros, como o de Roncesvalles, Burgos ou Carrión de los Condes e, por suposto, o Hospital Real de Santiago (hoxe Hostal dos Reis Católicos), máis dotados de medios; pero tamén foi esencial a labor de acollida de pequenos hospitais e refuxios repartidos por todo o camiño. Son o antecedente dos actuais albergues.
Podes consultar toda a bibliografía seleccionada neste enlace.