De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela
Con motivo da celebración das Xornadas Europeas de Arqueoloxía, presentamos a peza comentada «Ampola de peregrino. San Menas». Asinada por Roberto Aneiros, conservador do museo.
Ampola de peregrino (San Menas)
S. VI-VIII ca.
Arxila
Olaría de Alexandría (Exipto)
7 x 5 x 0,5 cm
Inv. D-1529
Este tipo de pequenas pezas coñécense con diferentes nomes: xerras, ampolas, frascos, redomas e fan referencia a unha clase de obxecto coñecido e usado desde a antigüidade e que alcanzou a súa maior expansión na Alta Idade Media. Realizadas en diversos materiais - metal, vidros ou terracota- adoitan ter forma globular e reducidas dimensións, polo xeral posúen un pequeno pescozo con tendencia acampanada e, ás veces, levan dúas asas aos lados.
Recibiron a denominación de ampolas de Terra Santa, por estimar esa a súa principal orixe, aínda que igualmente califícanse como ampolas de peregrinos.
A función destes frascos era conter unha pequena cantidade de líquido, bálsamos ou ungüentos con varias finalidades: votiva, devocional o amuleto. Os peregrinos e viaxeiros a Oriente, de volta á casa, levábanas -como recordo ou amuleto- con auga ou aceite das lámpadas que ardían nos santuarios visitados.
Este exemplar do museo ten forma circular cunha asa no lateral dereito -falta a da esquerda por rotura- e un pequeno pico na parte superior, está moi desgastada polo paso do tempo aínda que se observa decoración figurativa, no centro aparece unha figura masculina, de fronte, cos brazos abertos e cruces á altura da cabeza, nos laterais dous animais moi esvaecidos -camelos, a escea está enmarcada nunha cenefa circular de puntos entre dúas liñas.
A figura principal identifícase como San Menas. Menas pertenecía a una familia de cristiáns exipcios que emigraron a Frigia (Asia Menor) e acabou converténdose en soldado romano, pero non abdicou da súa fe e foi martirizado durante o reinado de Diocleciano (século III-principios do IV). Este santo represéntase sempre na mesma postura: de pé, cunha túnica de manga curta, cinguida á cintura por un cinto, capa militar sobre os ombreiros e botas -ningunha das dúas perceptibles neste exemplar do museo-, os brazos abertos e flanqueado por dous camelos axeonllados.
As ampolas de peregrino coa imaxe de San Menas floreceron nos séculos IV e V nas producións de olaría de Alexandría e posteriormente foron adquiridas por peregrinos de toda Europa e espalláronse polo orbe coñecido.