NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Presentación do catálogo da exposición «Kumbh Mela. O baño da inmortalidade. Fotografías de Manuel Valcárcel»

Martes, 25 de Novembro de 2025

Un catálogo para unha exposición temporal

O Museo das Peregrinacións e de Santiago, na súa vocación de documentar, difundir e promocionar as diferentes producións artísticas vinculadas ás peregrinacións e ao Camiño de Santiago vén de publicar o catálogo da exposición temporal «Kumbh Mela. O camiño da inmortalidade. Fotografías de Manuel Valcárcel». 

Ademais da obra fotográfica, este catálogo inclúe unha serie de textos que contextualizan o proceso artístico de Valcárcel. Destaca a narración do escritor Antón Lopo en «Efecto Hipnótico», unha crónica persoal da súa propia inmersión no Kumbh Mela de Hariduar en 1998, en contraposición á mirada contemporánea de Valcárcel e as súas imaxes.

Ademais das pezas presentes na exposición temporal a obra contén un número maior de fotografías que permiten experimentar o traballo de Valcárcel de principio a fin. Con textos en galego, castelán e inglés, o catálogo é un recurso escrito e visual do Kumbh Mela 2025 baixo a mirada única de Manuel Valcárcel.


Máis información

A exposición temporal «Kumbh Mela. O camiño da inmortalidade. Fotografías de Manuel Valcárcel» inaugurouse no Museo das Peregrinacións en xullo de 2025. Máis información e fotografías aquí.

O catálogo estará proximamente dispoñible para a venda na Librería Institucional da Xunta de Galicia e na tenda do Museo das Peregrinacións e de Santiago.