NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Investigación - PROBAS

A investigación é consustancial ao traballo realizado no museo diariamente. Documentación, difusión, educación, conservación, etc. son os departamentos que máis actividade investigadora realizan, tanto á hora de catalogar e inventariar un ben, como na súa posta en valor e divulgación. O fin último da investigación no museo é poñer a disposición da cidadanía toda a información contrastada e con rigor a cerca do patrimonio que salvagarda esta institución. 

Tal e como establece o Real Decreto 1293/2007 do 28 de setembro, polo que se regula o Museo das Peregrinacións e de Santiago, á institución correspóndelle a «protección, conservación, documentación, investigación y difusión de los bienes materiales, e inmateriales, integrantes del patrimonio cultural relacionados con el fenómeno universal de la peregrinación, con la peregrinación jacobea y el Camino de Santiago en particular, y con el nacimiento y la evolución de la ciudad de Santiago de Compostela como meta de peregrinación». 

A mostra artística recollida tanto na sede expositiva, como nos seus almacéns, abarca un amplo abano de arte moble, material e inmaterial que transmiten toda a complexidade do fenómeno da peregrinación e a evolución da cidade de Santiago. Conta con importantes coleccións de escultura, pintura, acibeche, ourivaría, pratería e gravado. Os restos arqueolóxicos enriquecen tanto os fondos expositivos como os seus depósitos, sen esquecerse das mostras etnográficas, documentais e bibliográfica.

A heteroxeneidade é unha das principais características dos fondos museísticos que alberga esta instución, o que explica a incesante consulta destes por parte de investigadores externos para incorporalos ás súas pescudas, teses ou traballos. 

O MDPS permite o acceso ás súas coleccións museográficas, documentais e bibliográficas aos investigadores que así o soliciten. Aquelas persoas que desexen realizar un traballo de investigación sobre algunha obra integrante do museo, un conxunto delas ou algún aspecto relativo ao Camiño ou a cidade de Santiago, poden poñerse en contacto co museo.

Máis información para investigadores externos. 

Publicacións sobre o Museo das Peregrinacións e de Santiago
Escolma

  • «Conjunto de pesas de telar halladas en Iria Flavia. Una aproximación morfológica y funcional»

    «Conjunto de pesas de telar halladas en Iria Flavia. Una aproximación morfológica y funcional»

    Autores: Verónica del Río Canedo , Lucía Rodero Frutos y Ana Piñeiro Ríos

    Publicación:

    De la costa al interior: las cerámicas de importación en Hispania, coord. por Carmen Fernández Ochoa, César Manuel Heras y Martínez, Ángel Morillo Cerdán, María del Mar Zarzalejos Prieto, Carmelo Fernández Ibáñez, María Rosa Pina Burón, vol. 2

    Páxinas: 851-864

    Ano de publicación: 2022

    ISBN: 978-84-451-3959-2

    PDF dispoñible

Investigacións sobre os fondos do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Escolma

  • «A porta da Casa Gótica. Museo das Peregrinacións e de Santiago»

    «A porta da Casa Gótica. Museo das Peregrinacións e de Santiago»

    Autor: Roberto Aneiros García

    Publicación:

    CROA: boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 30

    Páxinas: 112-122

    Ano de publicación: 2020

    ISSN: 1575-0639

    PDF dispoñible