Naceu en Bruxas ou en Gante, cidade na que se formou. Bo coñecedor das obras de Hans Memling (1440-1494), Gerard David (c. 1515-1523) e Hugo Van der Goes (c. 1474-1476) formou parte do grupo de artistas flamencos que traballaron nas principais empresas artísticas emprendidas polos Reis Católicos despois da toma de Granada en 1492. Nestes momentos, a ampla expansión da pintura flamenca polo resto dos territorios europeos debeuse ao gusto pola súa expresión realista e detallista, máis preto do cotián, sendo considerada un medio absolutamente revolucionario de expresión artística e técnica. A súa valoración traspasou o ámbito exclusivamente cortesán, sendo apreciada á vez por nobres burgueses e comerciantes polo que a súa influencia marcou o arte pictórico europeo de toda a metade do século XV.
De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela