Poucos datos se coñecen da súa vida, sendo algúns erróneos por ser considerado tradicionalmente como fillo de Ángel Piedra e confundida a súa producción coa do gravador Luis Fernández Piedra (que exercía a súa producción en Madrid e Lisboa). Nace o 7 de xullo de 1769 no seo dunha familia de gravadores e plateiros, sendo o oitavo dos fillos de Jacobo de la Piedra e Luisa Crespo Fajardo. Orfo de pai aos 10 anos de idade, debeu iniciar a súa formación na Escola gratuita de debuxo, fundada en 1784 pola Sociedade Económica de Santiago. Vinculado a esta institución, chegará a ser profesor da mesma na segunda fase impulsada polo conde de Ximonde, ocupando a cátedra alomenos nos cursos 1805 e 1806. Da súa producción artística debe descartarse a súa colaboración na ilustración do libro Luz Liberal e Nobre Arte de Cavalleria, impreso en Lisboa en 1790, así como a estampa da Virxe Peregrina de Pontevedra, do gravador madrileño Luis Fernández Piedra. Os gravados calcográficos de Luis Piedra orientaranse cara a estampa de devoción, ao servizo das principais cofradías compostelás, destacando tamén a súa labor na ilustración de tratados de técnicas e organización militar. A súa última obra coñecida data de 1818, en que abre o escudo do bispo Veremundo Arias Teixeiro. Os seus gravados aparecen asinados como Luis Piedra e Luis de la Piedra.
De Martes a Venres
09.30 - 20.30 h
Sábados
11 - 19.30 h
Domingos e Festivos
10.15 - 14.45 h
Pechado
Todos os luns do ano
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Praza das Praterías, 2.
15704 Santiago de Compostela