Data de nacemento
1614
Lugar de nacemento
Avilés
Data de defunción
1685
Lugar de defunción
Madrid
Biografía
En 1623 trasládase a Madrid donde é discípulo de Pedro de las Cuevas, de debuxo e de Bartolomé Román, de colorido. Xa durante a primeira etapa da súa vida recibiu importantes encargas para particulares e igrexas de madrid influidas polo dinamismo barroco. As súas pinturas murais estaban influidas asemesmo plos efectos escenográficos. En 1669 foi nomeado Pintor do Rei e en 1671 , Pintor de Cámara. Aínda que realizou pintura profana, a súa especialidades foron os retratos, sobre todo da Corte nos que a influencia velazqueña foi importante. Tamén influiron na súa obra as propostas flamengo-venecianas (Rubens, VanDyck, Tintoretto e Tiziano).