Biografía
A ceca de Compostela cuñaría con toda seguridade moeda en época de Xelmírez, concretamente, a partir do ano 1108. Non obstante barállase a posibilidade de que Afonso VI outorgase a autorización para emitir moeda xa ao bispo D. Diego Peláez, iniciador das obras da catedral románica, precisamente para contribuír cos gastos que tal empresa xeraría. Será, curiosamente, con Fernando II, o monarca que acorde co Mestre Mateo en 1168 a execución da última fase das obras da catedral románica cando se cuñe a moeda. A ceca medieval de Santiago pasará por diferentes etapas ata desaparecer, agás esporádicas aparicións posteriores, con Fernando III a mediados do século XIII.