Calquera persoa interesada podera facer consultas técnicas ao persoal do MDPS a través de correo postal ou electrónico sobre:
- Todos aqueles temas relacionados co contido temático do museo: A peregrinación como fenómeno universal. A peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago en todas as súas dimensións e a cidade de Santiago de Compostela en canto meta da peregrinación.
- Museoloxía (Conservación, documentación, difusión, montaxe de exposicións...)
As persoas interesadas nalgún aspecto concreto sobre estes temas deben realizar a súa consulta a través do correo postal ou do correo electrónico.
De seguido, ofrécese unha relación das distintas áreas técnicas cara ás que as persoas interesadas nalgún dos temas específicos sinalados poden dirixir as súas consultas:
ÁREA DE INVESTIGACIÓN
direccion.mdperegrinacions [at] xunta.es (subject: Consulta%20t%C3%A9cnica%20dende%20a%20web)
Consultas de carácter xeral ou cuestións específicas relacionadas coa orixe e evolución histórica do Camiño de Santiago e sobre a evolución urbanística da cidade de Santiago de Compostela.
ÁREA DE DOCUMENTACIÓN
documentacion.mdperegrinacions [at] xunta.es (subject: Consulta%20t%C3%A9cnica%20dende%20a%20web)
Consultas xerais sobre os fondos, tanto museográficos como documentais, que integran as coleccións do museo.
ÁREA DE CONSERVACIÓN
clara.gonzalez.fernandez [at] xunta.es (subject: Consulta%20t%C3%A9cnica%20dende%20a%20web)
Consultas sobre aspectos relacionados coa conservación do patrimonio cultural en xeral, especialmente con aquelas materias predominantes nos fondos do museo (madeira, pedra, papel, acibeche e metais).
ÁREA DE DIFUSIÓN
difusion.mdperegrinacions [at] xunta.es (subject: Consulta%20t%C3%A9cnica%20dende%20a%20web)
- Información sobre o programa de actividades do museo.
- Organización de visitas.
- Propostas de actividades e exposicións a realizar no museo.