Pietro del Po
Data de nacemento
1616
Lugar de nacemento
Palermo
Data de defunción
1690
Lugar de defunción
Nápoles
Biografía
Pietro del Po formaríase con Domenichino en Nápoles deixando unha boa obra tanto nesa cidade como en Sicilia s e mesmo en Roma, onde residiu entre 1647 e 1683, primando as de temática relixiosa e clásica. É igualmente recoñecido como gran gravador, oficio no que sería seguido pola súa filla Teresa del Po. No que respecta á pintura sería outro fillo, Giacomo del Po, o que proseguiría a súa escola deixando sobre todo os seus traballos na decoración de ricas residencias señoriais de Nápoles e dos seus arredores. Reproduciría obras de importantes pintores.
Escola