NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

PERCORRER O TEMPO

Obradoiros de fotografía e conferencia sobre a mostra «Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño».  

Obradoiro fotográfico da mostra «Percorrer o Tempo»
A cargo das fotógrafas Olivia Arthur (Axencia Magnum) e Carla Andrade 

Horarios: venres de 16:00h ás 19:30h e sábado de 10:00h ás 14:00h 

Os días 20 e 21 de maio o Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá o obradoiro fotográfico da mostra «Percorrer o Tempo» dirixido a profesionais e afeccionados da fotografía. Será impartido polas artistas Olivia Arthur e Carla Andrade. Dúas fotógrafas consagradas, de traxectoria nacional e internacional, que achegarán aos participantes a súa metodoloxía de traballo, o seu percorrido na profesión e traballarán co material dos asistentes que queiran compartilo.   

* Prazas limitadas. Selección a cargo do comisario da exposición.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA INSCRICIÓN:
As persoas interesadas en asistir ao obradoiro deben enviar un mail a reservas.mdperegrinacions [at] xunta.gal coa seguinte información: 
· Nome
· Idade
· Profesión
· Breve explicacións das motivacións para realizar o taller 
· Compromiso de presencialidade durante toda a realización do taller

* Os asistententes seleccionados recibirán un correo de confirmación. 
* Recoméndase aos participantes do curso que leven os materiais propios que queiran compartir coas artistas, en caso de telos.
* Os asistentes ao curso son convidados a asistir á conferencia como parte do mesmo.

Conferencia da mostra «Percorrer o Tempo»
Olivia Arthur e Carla Andrade
20:00h
Auditorio do Museo das Peregrinacións e de Santiago
Todos os públicos

Presentación pública a cargo de Olivia Arthur e Carla Andrade sobre a mostra itinerante «Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño». Moderada polo comisario do proxecto Nicolás Combarro

Prégase confirmación de asistencia no 881.867.401

 

INFORMACIÓN ADICIONAL: 

Dossier do proxecto «Percorrer o Tempo»

Carla Andrade 

Olivia Arthur