NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Basset, André

Biografía

Tan só asina co seu apelido, polo que non se sabe certo quen é, xa que os foron unha familia de gravadores activos entre os séculos XVIII e XIX: o Vello: gravador e editor en París entre os séculos XVIII e XIX. Vivía na rúa Saint-Jacques e estaba asociado con Françoise . Publicou un gran número de pranchas anónimas ou de gravadores tales como Alexis, Blanchard, Fortier, Gabriel, Gatine, Jubin, Rubières, Thiebault e outros. o Vello podería identificarse co gravador André , citado por Heinecken.Os : editores de estampas en París, rue Saint-Jacques, séculos XVIII-XIX. A casa fundouse a principios do século XVIII por L. . Un xoven sucedeuno cara 1725, reemplazado por o Vello (André?), o máis activo da familia que traballa dende o reinado de Louis XVI até 1749. Un Jules ou Xoven edita imaxes da piedade rúa de Sena de 1849 a 1865., Françoise: gravador e editor, que traballa en París entre 1785 e 1792. (V. bibliografía: Bénézit).A autoría desta peza pode atribuírse, logo dos datos recopilados no Bénézit, a André (ou o Vello, no caso de que, tal e como se pensa, estes foran a mesma persoa), xa que este foi o máis activo da familia e se move a cabalo entre os séculos XVIII e XIX, a peza que nos ocupa pertence aos primeiros anos do século XIX. Os son recoñecidos editores neste campo, realizando multitude de tableiros do xogo da oca de diferentes temáticas e cun marcado sentido didáctico, sirvan como exemplo diferentes títulos de tableiros que editaron, atopados na web dunha librería italiana: Gran jeu de l´Histoire ancienne de la Grece (Gran xogo da Historia antiga de Grecia): ideado como ensino da historia da antiga Grecia; La Récréation Françoise où Nouveau jeu Historique et Cronologique des Rois de France (A Recreación Francesa ou Novo xogo Histórico e Cronolóxico dos Reis de Francia): ideado como ensino da historia cronolóxica dos Reis de Francia, de feito, en cada recadro atopamos a efixie dun rei coa súa historia; L´emulation Française ou Description Historio graphique du Royaume de France (A emulación Francesa ou Descrición Historiográfica do Reino de Francia). Tamén se ten constancia da realización de tableiros con outras temáticas, como a adicada aos monumentos de París (moi común no século XIX), cuxo taboleiro supón un percorrido polos mesmos.

García Cuesta, Miguel

Data de nacemento
06/10/1803
Lugar de nacemento
Macotera
Data de defunción
18/04/1873
Lugar de defunción
Santiago de Compostela
Biografía

Catedrático da Universidade de Salamanca, bispo de Jaca (1848), arcebispo de Santiago (1851-1873), cardeal (1861)