Lugar de nacemento
Marín (Morrazo (O) (comarca))
Lugar de defunción
Santiago de Compostela
Biografía
De formación autodidacta empeza a pintar na súa terra natal, pero a maior parte da súa actividade desenvolverase en Santiago de Compostela. A súa relación con Mariano Tito Vázquez perfeccionará o debuxo e tamén se achegará ó neorromanticismo cun tratamento particular da luz. Destaca pola reiterada repetición de edificios da parte monumental de Santiago de Compostela que reproduce con tanta facilidade e celeridade que fai que a obra saída dos seus pinceis sexa abundantísima. Parte da súa obra realista é produto da súa gran retentiva, sen necisidade de estar diante do monumento pintado. A falta de persoas e a súa atmósfera fría e húmida transmite unha soidade e melancolía acentuada. A súa especial situación contribúe a unha execución rápida destinada á venda inmediata para poder dispoñer de diñeiro e cubrir as súas necesidades.