NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

De Machy, Pierre-Antoine

Data de nacemento
1723
Lugar de nacemento
Paris
Data de defunción
10/09/1807
Biografía

Pintor e gravador nado en París en 1723 e morto en Louvre o 10 de setembro de 1807. Discípulo de Servandoni entrará a formar parte de la Academia en 1755. Todas sus producciones son escenas de historia y vistas de arquitectura. Se data una estancia en España en 1787. (V. bibliografía- E. Bénézit. Dictionaire critique et documentaire des peintres, sculpteurs, dessinateurs et graveurs... ed. Nouvelle, París 1976)

Piedra Crespo, Luis Antonio

Data de nacemento
07/07/1769
Lugar de nacemento
Santiago de Compostela
Biografía

Poucos datos se coñecen da súa vida, sendo algúns erróneos por ser considerado tradicionalmente como fillo de Ángel Piedra e confundida a súa producción coa do gravador Luis Fernández Piedra (que exercía a súa producción en Madrid e Lisboa). Nace o 7 de xullo de 1769 no seo dunha familia de gravadores e plateiros, sendo o oitavo dos fillos de Jacobo de la Piedra e Luisa Crespo Fajardo. Orfo de pai aos 10 anos de idade, debeu iniciar a súa formación na Escola gratuita de debuxo, fundada en 1784 pola Sociedade Económica de Santiago. Vinculado a esta institución, chegará a ser profesor da mesma na segunda fase impulsada polo conde de Ximonde, ocupando a cátedra alomenos nos cursos 1805 e 1806. Da súa producción artística debe descartarse a súa colaboración na ilustración do libro Luz Liberal e Nobre Arte de Cavalleria, impreso en Lisboa en 1790, así como a estampa da Virxe Peregrina de Pontevedra, do gravador madrileño Luis Fernández Piedra. Os gravados calcográficos de Luis Piedra orientaranse cara a estampa de devoción, ao servizo das principais cofradías compostelás, destacando tamén a súa labor na ilustración de tratados de técnicas e organización militar. A súa última obra coñecida data de 1818, en que abre o escudo do bispo Veremundo Arias Teixeiro. Os seus gravados aparecen asinados como Luis Piedra e Luis de la Piedra.

Klein, Johann Adam

Biografía

O gravado tan só está asinado co apelido, Klein, pero pode corresponderse con este autor. Pintor de batallas, paisaxista, animalista e gravador, nacido en Nuremberg o 24 de novembro de 1792, morto en Munich o 21 de maio de 1875 (Escola Alemana). Alumno de Zwingen na Escola de Belas Artes de Nuremberg, estudou o gravado a partires de 1805 no taller de W. Gahler. De 1801 a 1815 frecuentou a Academia de Viena e viaxou a través de Austria-Hungría. En 1815 volveu a Nuremberg, xa que foi a traballar a Francfort e Lachlence. Na compaña de Chr. Ehrard, volveu logo a Viena, logo, en 1819, visita Roma e Nápoles. En 1821, fíxase de novo en Nuremberg, onde traballa até 1839, época na cal partiu para Munich. Como gravador reproduciu retratos, vistas, esceas de xénero e animais.