NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Orozco, Marcos de

Biografía

Grabador en Madrid na segunda metade do século XVII. De profesión presbítero é célebre polos seus frontispicios e retratos para obras publicadas entre 1677 e 1697. Figuró neste ámbito xunto con outro importantes grvadores comoPedro de Villafranca, Francisco de Herrara el Viejo, Matías de Arteaga, Pedro Perret, Francisco Heylan, etc.Entre as súas obras sobresaen os gravados para a obra L.A. Séneca Ilustrado en blasones políticos de Juan de Baños de Velsaco (Madrid, Mateo de Espinosa y Arteaga, 1670), numerosos retratos para obras sobre persoaxes piadosos como o de Bispo de Orihuela e PLasencia, Luis Crespi Rojas, incluido na obra de Fray Tomás de la Resurrección Vida de D. Luis Crespi de Borja ( Valencia, Juan Lorenzo Cabrera, 1676), estampa de la Virgen de la Caridad de Illescas, o frontispicio para o libro de J. de Veitia, Norte de la Contratación de las Indias Occidentales (Juan Francisco de Blas, 1671), entre outros moitos exemplos

Sánchez Brea, Manuel

Data de nacemento
1944
Lugar de nacemento
Santiago de Compostela
Biografía

Escultor e artesán sobresaínte das artes actuais en Santiago seguindo a tradición gremial dos oficios dedicados á talla do acibeche, marfín e prata. A súa formación desenvolveuse na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Mestre Mateo da mesma cidade, sendo discípulo de Asorey e de Aldrey. Especializado na labra de imaxinería relixiosa, nomeadamente cristos, santiagos e virxes reproducindo o reinterpretando imaxes tradicionais ou tipos cla´sicos. Utiliza a madeira ou o marfín como materiais preferidos, traballando tamén o acibeche e mesmo o alabastro.A maior parte da súa producción comercialízase en Madrid ou en Barcelona

Máximo Magariños Rodríguez

Data de nacemento
18/11/1869
Lugar de nacemento
Santiago de Compostela
Data de defunción
26/03/1927
Lugar de defunción
Santiago de Compostela
Biografía

Artesán e escultor compostelán de finais do século XIX e principios do XX, que nace no seno dunha familia de ascendentes en Caldas de Reis, asentados en Santiago de Compostela, con de tradición no traballo da madeira. A súa formación inicial levarase ao cabo co seu pai (Juan Manuel Magariños Blanco) e co seu irmán maior Manuel, incrementándose na Escola de Debuxo e Modelado da Sociedade Económica de Amiros del País en Santiago de Compostela. Ten igualmente unha parte autodidacta.
Converterase en gran escultor e retablista experimentando unha evolución neste caso que vai entre o neogótico e o neoprateresco. A súa formación como tallista proporcionaríalle unha interesante produción de moble escultórico moi aprezado inspirado en modelos góticas e sobre todo renacentistas.
Maximino Magariños, ademáis do traballo en madeira fixo esculturas en pedra de grá e mármore, destacando a escultura funeraria de D. Pedro Froilaz, Conde de Traba, na capela das Reliquias da catedral compostelá.
Participará en numerosos concuros e exposicións nacionais e internacionais e as súas obras están espalladas por toda a península e por América.