Naceu en El Casar no último cuarto do XVII. Historiador que ocupou a súa vida ao estudio dun tema concreto: a historia da Orde Militar de Santiago. Foi ademáis sacerdote e cabaleiro santiaguista. Despois de realizar os seus estudos, foi admitido en 1692 conventual de Uclés e alí foi nomeado cabaleiro da Orde Militar de Santiago. Realizou as funcións de sacerdote, foi profesor de Teoloxía naquel convento, arquiveiro... Foi en Uclés onde permaneceu moitos anos adicado ao estudo dos fondos documentais da Orde de Santiago, xurdindo da súa tarefa algúns libros desta temática, entre os que se poden citar o Bulario de la Orden Militar de Santiago (1719), Apología por el hábito de Santo Domingo en la Orden de Santiago.... Moitos outros escritos seus, todos manuscritos, e sobre o tema central das súas investigacións, quedaron en diversos arquivos e bibliotecas nacionais. Morreu a mediados do século XVIII. (Datos tomados da páxina web que se cita no apartado de observacións).