Alcume: Compostela. É un artista coñecido sobre todo pola súa faceta de escultor, predomiñando nel a construcción en madeira representando animais (pingüinos, pelícanos...). Con 12 anos de idade comeza como aprendiz no obradoiro de artesáns ebanistas e imaxineiros composteláns. Aprende primeiramente con Santiago Matas a traballa-la madeira, pasando logo polos obradoiros de López Pedre e tamén de Magariños. Asiste polas noites á Escola de Artes e Oficios de Santiago e, a partir dos 18 anos, á de Madrid, cidade á que se traslada.Acadou bastante popularidade incluso a nivel nacional, principalmente a partir da denominada por el Exposición efímera que o día 1 de xaneiro de 1927 realizou nas escaleiras do Congresos dos Deputados de Madrid, sendo expulsado do lugar polas forzas da orde pública, polo que se empezaría a falar da súa obra tanto entre os cidadáns de a pé como entre os críticos de arte, o que lle abrirá as portas de varios centros para poder exhibi-las súas obras.Durante a guerra civil ingresou no recén creado Batallón de Milicias Galegas do Quinto Rexemento, que Líster definiría como Batallón do Talento. En febreiro de 1939 pasa a Francia onde é internado en varios campos de concentración (Argelés, Saint Cyprian, Agde), embarcando a finais dese mesmo ano en Burdeos camiño da República Dominicana. En outubro de 1940 trasládase a Puerto Rico onde forma a súa familia, onde realizará unha abundante actividade artística e onde morrerá en febreiro de 1988.A súa obra escultórica é bastante numerosa existindo en diversos museos e coleccións de Galicia representación da mesma, sobre todo da que realizou na primeria parte da súa vidan, antes do seu exilio a Puerto Rico. Pola contra, é bastante menos coñecido en canto debuxante, constituíndo a colección que agora se propón para ser adquirida para o Museo das Peregrinacións, tal vez o máis representativo de toda a obra conservada sobre papel. Sábese, non obstante, que realizou debuxos en 1939, algúns dos que se conservan, sobre diseccións, etc.