NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Lata Montoiro, Cástor

Data de nacemento
1928
Lugar de nacemento
Santiago de Compostela
Data de defunción
26/01/2009
Lugar de defunción
Santiago de Compostela
Biografía

Formado inicialmente na escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela tería como mestre a Francisco Asorey e pasaría tamén polo obradoiro de Manuel Miranda; prosegiu estudios na Escola de Belas Artes San Jorge de Barcelona para completar a súa formación con diversos estudos en escolas e obradoiros europeos. Autor de obras en granito fundamentalmente ( Virxe do Seminario Maior, a do Colexio Xelmírez ou os relevos da fachada da Caixa de Aforros de Galicia, Santiago de Compostela) fai tamén pequenas pezas en acibeche e en marfín e tamén en madeira (pasos do Cristo da Unción e da Nosa Señora da Serenidade ou o Cristo da Igrexa do Pilar, todas en Santiago), mármore ( retrato do arcebispo Raxoi), bronce retrato do cardeal Quiroga Palacios) considerado a miúdo como un traballo secundario. A súa producción en acibeche é aínda escasamente coñecida, en gran parte, pola carencia de sinatura en moitas delas e pola súa dispersión por España. Encadrado pola súa técnica e estilo na Xeración de 1925 está considerado como unha das figuras máis destacadas da escultura galega do terceiro cuarto do século XX.Técnica e estilo: A súa producción abrangue estilos diferentes toda vez que se inicia nas premisas dos tradicionais obradoiros composteláns da posguerra evolucionando cara a un esquematismo de figuras reducidas e grandes planos que o fan renunciar ó detallismo naturalista. No seu traballo do acibeche vése a traslación do traballo do granito, ofrecendo un efecto de gradina con superficies raiadas alternando escasamente con outras pulidas segundo os efectos que quere conseguir. O seu traballo en acibeche utiliza grandes bloques de material á maneira dos antigos mestres composteláns.