Hernán Cortés, quen asinaba as as súas cartas como Fernán Cortés, nado en 1485 e finado en 1547, foi o conquistador do territorio actualmente coñecido como México en favor da coroa española. Naceu en Medellín, na provincia de Badaxoz (Extremadura), no Reino de Castela, en España, en 1485. Era fillo único de Martín Cortés e Catalina Pizarro Altamirano. Era parente, por parte da nai, con Francisco Pizarro que, máis tarde conquistaría o Imperio Inca (que é, hoxe, o Perú) e que non debe ser confundido co Francisco Pizarro que axudou a, Cortés na loita contra os Aztecas. Morreu en Sevilla, España, o 2 de decembro de 1547. Cando chegou ao México, Moctezuma, imperador dos astecas, creu que era o deus Quetzalcoatl que voltaba do exilio para vingarse.