NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Brocar, Juan de

Data de nacemento
01/01/1538-31/12/1538
Data de defunción
01/01/1552-31/12/1552
Biografía

A actividade do taller de Xoán de Brocar abarca dende 1538 a 1560. Fundamentalmente imprimirá textos legais, obras de devoción, impresos litúrxicos e algúns pliegos sueltos, tratándose duhna imprenta tipicamente universitaria ao ofrecer textos dos principais mestres do momento. Desaparecido Xoán de Brocar cesa a exclusividade editorial da Universidade.

Afonso II de Oviedo

Data de nacemento
01/01/760-31/12/760
Data de defunción
01/01/842-31/12/842
Biografía

o Casto, nado en Oviedo no 760 e finado na mesma vila no 842, foi un rei de toda a Galicia alto-medieval ou de Galicia e Asturias, non obstante, é común a suplantación da súa titulación ovetense pola de rei de Asturias, denominación esta, creada na España do século XIX polos primeiros historiadores romanticistas como Modesto Lafuente en pleno período de creación do nacionalismo español contemporáneo, mantendo gran vixencia na actualidade. Fillo do rei Froila I, foi durante o seu reinado cando o caudillismo que exerceran Paio ou Afonso I acada un verdadeiro nivel de monarquía organizada.

Pietro del Po

Data de nacemento
1616
Lugar de nacemento
Palermo
Data de defunción
1690
Lugar de defunción
Nápoles
Biografía

Pietro del Po formaríase con Domenichino en Nápoles deixando unha boa obra tanto nesa cidade como en Sicilia s e mesmo en Roma, onde residiu entre 1647 e 1683, primando as de temática relixiosa e clásica. É igualmente recoñecido como gran gravador, oficio no que sería seguido pola súa filla Teresa del Po. No que respecta á pintura sería outro fillo, Giacomo del Po, o que proseguiría a súa escola deixando sobre todo os seus traballos na decoración de ricas residencias señoriais de Nápoles e dos seus arredores. Reproduciría obras de importantes pintores.

Escola