NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Goltzius, Hendrick

Data de nacemento
1558
Data de defunción
1617
Biografía

Hendrick Goltzius (Muhlbracht, 1558 - Haarlem, 1617) é considerado o mellor gravador dos Países Baixos, nunha categoría entre Lucas van Leyden e Rubens. Despois da súa aprendizaxe no taller de Dirck V. Coornhert instalouse en Haarlem, arrebatando o monopolio a Ámsterdam na edición de estampas. Foi un gravador meticuloso e productivo. Conformou o seu estilo no gusto polo manierismo do que Haarlem foi un reducto ata época tardía. Nun primeiro momento, o estilo de Goltzius caracterizaríase polo gusto polos ornamentos e as potentes musculaturas. Foi un gravador moi versátil, acollendo os estilos de Miguel Ángel, Durero, Caravaggio ou Van Leyden. Máis tardiamente asimilou tamén o naturalismo imposto por Rubens. A notable habilidade de Goltzius para captar diferentes estilos, non só separados xeográfica senón tamén temporalmente e darlles unidade a través da técnica do gravado non pasou desapercibida polos seus contemporáneos. Como notable gravador e investigador transfórmase constantemente a si mesmo. Goltzius non só se esforzou por superar aos pintores e gravadores como Durero, Lucas Spranger e outros, senón tamén por atopar setnido á tridimensionalidade. Non só foi un gravador influínte na Europa da época sentón que a súa influencia posterior sempre foi sobresaínte.
A temática da producción de Goltzius foi fundamentalmente: relixiosa, mitolóxica e retratística. A pesares do seu éxito tamén como pintor, a reputación deste autor está baseada case por completo na súa faceta como artista gráfico.