NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Hegenauer, Felizian

Data de nacemento
27/01/1692
Lugar de nacemento
Austria
Biografía

Trátase do membro máis destacado dunha saga de escultores e, sen dúbida, do máis sobresaínte desta escola que traballa en Baviera. As súas obras abondan polas igrexas católicas desta parte meridional de Alemaña, figurando igualmente nalgúns dos máis interesantes centros museísticos xermanos. Nace na cidade fronteiriza de Braunau am Inn (Austria), fillo do tamén escultor Sebastián Hegenauer. A súa nai, Helene, é á súa vez filla do escultor Blasius Mass. Descoñécese a data exacta da súa morte. Dos dez fillos habidos do seu frutífero matrimonio con Franziska Danner, catro serán igualmente escultores, aprendendo o oficio e traballando logo no obradoiro de seu pai (Johann Wilhelm, Johann Michael, Joseph e Honrad Hegenauer) algún dos que acadará suficiente sona ao longo do século XVIII.

Bonnefond, Claude

Biografía

Debuxante e gravador nacido en Nuremberg en 1819 e morto en Munich o 22 de xuño de 1865.Datos biográficos sobre o debuxante: pintor e litógrafo, nacido en Lyon o 27 de marzo de 1796, morto en Lyon o 27 de xuño de 1860 (Escola Francesa). Alumno de Grognard e de Revoil na Escola de Belas Artes de Lyon, debuta no Salón de París coa obra La chambre à coucher des petits Savoyards, que lle valeu unha segunda medalla. Foi logo a traballar durante seis meses en París no taller de Guérin, que o contrata para ir a Roma, e o reuniu alí en 1822, habendo sido nomeado director da Escola de France. Despois dunha estadía en Francia (1828), Bonnefond volveu a Roma; foi chamado, en 1831, para ocupar, na Escola de Belas Artes de Lyon, as funcións de profesor de pintura e de director. que exerceu até a súa morte. Case renunciou á súa carreira artística para consagrarse ao ensino e á reorganización da Escola. Pintou cun estilo clásico esceas populares tomadas en Roma ou arredores, cadros de xénero, interiores e retratos, cun debuxo correcto, unha composición moi estudada, unha cor en ocasións bastante quente pero monótona (35 cadros, máis unha cincuentena de retratos e numerosos debuxos). Bonnefond deixou tamén algunhas caricaturas e litografías. Foi condecorado en 1834 e nomeado membro correspondente do Instituto en 1852. Asinaba as súas obras como Bonnefond, C. Bonnefond, C. B.