NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOHORARIOHORARIO
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Beda o Venerable

Data de nacemento
0673
Data de defunción
0735
Biografía

Monxe bieito e un dos máis afamados e prolíficos doutores da Igrexa. Entre os seus múltiples escritos figura unha información de extraordinaria importancia en relación co feito xacobeo, toda vez que ven ratifica-la tendencia defendida con anterioridade polo "Breviarium apostolorum" (finais do s. VI - principios do s. VII) pero chega a concretar máis aínda a localización bastante exacta do corpo do apóstolo Santiago, arredor dun século antes de se produci-lo descubrimento do seu sepulcro por Teodomiro.

Morales, Ambrosio de

Data de nacemento
1513
Data de defunción
1591
Biografía

Considérase un adiantado na aplicación dunha metodoloxía científica nos estudos históricos que levou a cabo ao longo da súa vida. Da viaxe que fixo por León, Galicia e Asturias por encargo de Felipe II consérvase unha valiosísima información de primeira man que, para o caso de Santiago de Compostela, adquire unha relevancia especial, pois moitas das xoias artísticas e documentais custodiadas na catedral de Santiago son dadas a coñecer polo autor que, por outra banda, fixo unha recolleita de multitude de obras artísticas para constituír un fondo de primeira magnitude no mosteiro do Escorial.