NESTE MOMENTO ESTAMOS ABERTOSNESTE MOMENTO ESTAMOS PECHADOS
ABERTOPECHADO
HORARIOSHORARIOSHORARIOS
LOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓNLOCALIZACIÓN

Que ver na túa visita

Benvidos e Benvidas ao Museo das Peregrinacións e de Santiago. Neste apartado poderás consultar unha breve información dos contidos accesibles na sede expositiva da praza das Praterías.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago é un museo de titularidade estatal con competencias cedidas á Xunta de Galicia desde 1995. Coa publicación do Real Decreto 1293/2007, de 28 de setembro, se lle outorga a nova denominación de Museo das Peregrinacións e de Santiago ao tempo que o constitúe como museo nacional, centro de documentación, investigación e interpretación de Santiago e das peregrinacións.

Polo tanto, as súas áreas temáticas están centradas no estudo da peregrinación como fenómeno universal, a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago en todas as súas dimensións e a cidade de Santiago de Compostela en canto meta da peregrinación.

Durante a túa visita ao MDPS poderás gozar de todos estes contidos, distribuídos estratexicamente no edificio deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, creando un espazo ecléctico de encontro cultural.

A peregrinación e o camiño de Santiago

Os obxectos e rituais relacionados cos peregrinos xacobeos, a vinculación que a música, a literatura e a arte tivo co Camiño de Santiago, a diversidade iconográfica do Apóstolo, así como a amplísima dispersión internacional do culto a Santiago, son os protagonistas nesta planta.