Que ver na túa visita
Benvidos e Benvidas ao Museo das Peregrinacións e de Santiago. Neste apartado poderás consultar unha breve información dos fondos artísticos expostos na nosa sede da praza das Praterías.
O Museo das Peregrinacións e de Santiago está definido na lexislación como un «museo nacional, centro de documentación, investigación e interpretación de Santiago e das peregrinacións»; polo tanto, as súas áreas temáticas están centradas no estudo da peregrinación como fenómeno universal, a peregrinación xacobea e o Camiño de Santiago en todas as súas dimensións e a cidade de Santiago de Compostela en canto meta da peregrinación.
Durante a túa visita ao MDPS poderás gozar de todos estes contidos, distribuídos estratexicamente no edificio deseñado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto, creando un espazo ecléctico de encontro cultural.
A PEREGRINACIÓN COMO FENÓMENO UNIVERSAL:
A peregrinación
A peregrinación como alegoría
Peregrinacións no mundo
Peregrinación cristiá:
- A orixe: a peregrinación xudía
- As tres grandes peregrinacións
A PEREGRINACIÓN E O CAMIÑO DE SANTIAGO:
Santiago. Historia, tradición e lenda
Descubrimento e identificación do corpo apostólico
Historia. Santiago como discípulo de Xesús
Lenda: a translatio
Tradición. A evanxelización de Hispania
Os camiños de Santiago
- O nacemento do Camiño de Santiago.
- As rutas na Península Ibérica
- Itinerarios europeos.
- Urbanismo e infraestructuras.
O peregrino xacobeo
- As motivacións
- Os libros de viaxe
- Os medios de transporte
- A orde de Santiago
- Protección e asistencia do peregrino
- A indumentaria
- Recordos de peregrinación
A literatura e a música da peregrinación
Peregrinación. Símbolos, rituais e documentos
Iconografía xacobea. A representación do Apóstolo:
- Santiago apóstolo e mártir
- Santiago peregrino
- Santiago cabaleiro
Santiago no mundo
- Santiago en España
- Santiago en Europa
- Santiago en América
A CIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Un lugar para o culto. A evolución do santuario
- O mausoleo apostólico como xerador da urbe
- As basílicas de Afonso II e Afonso III
- A basílica románica
- O proxecto gótico
- A catedral renacentista e barroca
Desenvolvemento urbanístico e económico
- O territorio
- A cidade medieval
- O señorío da cidade
- Gremios e confrarías: acibecheiros, prateiros, gravadores, cambistas, curtidores e zapateiros.
- O establecemento de redes comerciais
A reinventio. A pervivencia da peregrinación
En 1879, promovido polo cardeal Payá e coa axuda do cóengo e historiador Antonio López Ferreiro, acháronse na catedral os restos do Apóstolo que foran agochados en 1589 por orde o arcebispo Juan de San Clemente ante o temor a un ataque do pirata Drake.
A autenticidade destas reliquias, recoñecida polo papa León XIII na Bula Deus Omnipotens (1884), supuxo o comezo das peregrinacións modernas e a revitalización da cidade.
A partir de aí, os acontecementos políticos marcarán o seu desenvolvemento: a escasa afluencia foránea durante as guerras mundiais, a utilización por parte da ditadura de Franco como exaltación do sentimento nacional ou o impulso definitivo que supuxo a creación do Xacobeo 93 na democracia.